Amal en Ruta proxecto este martes no Pazo de San Marcos o documental 'Bye Bye Tiberias'

LugoXa
A cinta, dirixida pola cineasta Lina Soualem, poderase ver de forma gratuíta ata completar aforo
Bye-Bye-Tiberias-(DOC)
2 Jun 2025

A mostra AMAL en Ruta Lugo 2025 continuará mañá martes, 3 de xuño, coa proxección do documental Bye Bye Tiberias, ás 20:00 horas no Pazo Provincial de San Marcos da Deputación de Lugo. A cinta, dirixida pola cineasta Lina Soualem, poderase ver de forma gratuíta ata completar aforo.

O ciclo cinematográfico, no que se proxectan cintas en versión orixinal con subtítulos en castelán, continuará o martes, 10 de xuño, coa ficción To a Land Unknown; e o martes, 17 de xuño, coa película The Old Oak; todas elas producións de gran recoñecemento en festivais cinematográficos internacionais.

Anos despois de deixar a súa aldea palestina para emprender unha carreira de actriz en Francia, Hiam Abbass regresa a casa coa súa filla (a directora do documental Lina Soualem) neste documental íntimo sobre catro xeracións de mulleres e o seu legado compartido de separación.

⚙ Configurar cookies
0.17437410354614