'AMAL en Ruta' remata en Lugo coa proxección de 'The Old Oak', a última obra de Ken Loach

A mostra AMAL en Ruta Lugo 2025 chega ao seu final mañá, martes 17 de xuño, coa proxección da longametraxe de ficción The Old Oak, que terá lugar ás 20:00 horas no Pazo Provincial de San Marcos da Deputación de Lugo.
O público poderá desfrutar desta cinta en versión orixinal con subtítulos en castelán, unha oportunidade para achegarse á obra do recoñecido director británico Ken Loach.
O filme narra o futuro de The Old Oak, o único pub que resiste nunha vila do noroeste de Inglaterra, onde a xente está abandonando a terra a medida que pechan as minas. As casas son baratas e están dispoñibles, polo que é un lugar ideal para un grupo de refuxiados sirios.