Amarelo na Casa Consistorial para conmemorar o Día Mundial da Osteogénesis Imperfecta

LugoXa
O Concello de Lugo conmemora o Día Mundial da Osteogénesis Imperfecta, 6 de maio, alumeando de amarelo a fachada da Casa Consistorial.
Concello de Lugo
5 Maio 2021

O Concello de Lugo conmemora o Día Mundial da Osteogénesis Imperfecta, 6 de maio, alumeando de amarelo a fachada da Casa Consistorial a partires das 19.30h para sensibilizar á sociedade sobre esta enfermidade pouco frecuente, conxénita e actualmente incurable.  

A petición, trasladada a alcaldesa de Lugo chegou a través da A.M.O.I. (Asociación  Madrileña de Osteogénesis Imperfecta), unha organización que representa a un amplo colectivo entre afectados, familiares e socio-colaboradores, que informados polas campañas de sensibilización da Asociación, a través da rede ou servizos médicos únense a nós para ofrecer o seu apoio.  

A Osteogénesis Imperfecta (OI) comprende un grupo heteroxéneo de trastornos xenéticos caracterizados por un aumento da fraxilidade ósea, baixa masa ósea, susceptibilidade a fracturas óseas de gravidade variable, dor crónica e un amplo abanico de manifestacións clínicas.  

0.19563698768616