Amigos da Feira de Castro realiza este domingo a tradicional Ruta do Azúmara
TerraChaXa | LugoXa
Este domingo 22 de maio a asociación Amigos da Feira de Castro recupera o seu tradicional percorrido a pé pola Ruta do Azúmara.
21 May 2022
Este domingo 22 de maio a asociación Amigos da Feira de Castro recupera o seu tradicional percorrido a pé pola Ruta do Azúmara.
A saída da excursión está prevista para as 10.00 horas dende o campo da feira de Castro de Rei cara o Castro de Viladonga e á chegada de volta, sobre as 12:30, haberá un pequeno aperitivo na carballeira do Campo da Feira.
O autobús tamén fará unha viaxe desde Castro de Rei ao Castro de Viladonga para quen deixe alí o seu vehículo.
Ás 13:00, haberá un sorteo mensual dos 120 euros da promoción Compra en Castro de Rei e tamén haberá unha mesiña para a recollida de carnés de socio, o pago das cotas e a realización da inscrición.