Amigos da Feira realizará a tradicional Ruta do Azúmara o domingo 2 de xuño
LugoXa | TerraChaXa
Os autobuses sairán do campo da feira de Castro de Rei cara ao Castro de Viladonga para iniciar o percorrido
Ruta do Azúmara
26 Maio 2024
A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei organiza o domingo 2 de xuño a tradicional ruta do Azúmara facéndoo coincidir este ano coa primeira feira do mes de xuño.
A saída da ruta será ás 10.00. Os autobuses sairán do campo da feira de Castro de Rei cara ao Castro de Viladonga para iniciar o percorrido. A chegada á carballeira do Campo da Feira está prevista ás 12.30 horas, onde se fará un aperitivo.
Estas actividades non requiren inscrición previa. Recoméndase levar roupa e calzado cómodo/deportivo para a xornada.
Pola tarde realizarán unha visita guiada por Luarca para saír de regreso ás 19.00 horas.