Amigos del Camino despide a tempada cunha ruta polo Miño
LugoXa
Ao finalizar terán unha comida no campo da feira do Páramo e logo regreso en bus a Lugo
17 Xuño 2024
O vindeiro domingo 23 de xuño como peche de tempada a asociación Amigos del Camino de Santiago de la Provincia de Lugo realizará unha ruta polo paseo do Miño ata a zona da Fervenza. Ao finalizar terán unha comida no campo da feira do Páramo e logo regreso en bus a Lugo
A saída como sempre será ás 9 de praza de Bretaña e o prezo o mesmo de todas as etapas é de 25 euros. O percorrido completo é de 17 km, pero hai a posibilidade de facer só a metade, tamén pode ir cada un en vehículo particular ao sitio da comida