Amigos do Miño prepara o río para a tempada de pesca

TerraChaXa | LugoXa
A sociedade de Amigos do Miño, de Ponte de Outeiro, realizou unha serie de traballos co propósito de preparar o lugar para a tempada de pesca
amigos do mino limpeza rio3
16 Mar 2022

A sociedade de Amigos do Miño, de Ponte de Outeiro realizou estes días unha serie de traballos co propósito de preparar o lugar para a tempada de pesca.

Así, tanto nos coutos de Terrachá e Castro de Rei, como nos libres do río Miño e río Pequeno, realizaron a reposición de táboas de pasarelas, colocación de tela antideslizamento en 7 pasos e 2 pasarelas, limpeza de lixo no río Pequeno e construción de nova pasarela en Gavín, (couto de Terrachá).

Un total de 15 persoas participaron nestes labores sen ánimo de lucro e que buscan dar seguridade aos pescadores e usuarios do río na tempada de primavera.

0.16911101341248