Amigos do Patrimonio de Castroverde celebra vinte anos de defensa da memoria e da identidade local

LugoXa
A asociación conmemora o seu XX aniversario cun encontro de socios, un xantar e o concerto de Son de Corda no Centro Sociocultural Paco Pestana
Amigos-do-Patrimonio-de-Castroverde
7 Nov 2025

A asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde celebrará o vindeiro domingo, 23 de novembro, o seu vixésimo aniversario cunha xornada festiva que reunirá a socios e veciños para conmemorar dúas décadas de traballo a prol da memoria, o patrimonio e a identidade do municipio.

O encontro desenvolverase no Centro Sociocultural Paco Pestana a partir das 11:00 horas e incluirá diferentes actividades ao longo da mañá e do mediodía. Así, ás 11.00 horas terá lugar a proxección dalgúns momentos da Asociación coa posterior intervención dos socios e participantes. Despois, terá lugar un pequeno paseo por Castroverde, con subida ao Miradoiro do Monte da Lomba e visita á Torre da Fortaleza, se dá tempo.

Tras a recepción dos participantes e o xantar de confraternidade, ás 14.00 horas, a celebración culminará cun concerto do cuarteto Son de Corda, que presentará o seu novo proxecto musical “Na Casa Deles” ñas 17.00 horas.

A xornada pecharase coa presentación oficial do novo disco da formación, titulado tamén Son de Corda, nun ambiente pensado para compartir cultura, música e lembranzas en torno ao compromiso colectivo coa conservación e posta en valor do patrimonio de Castroverde.

⚙ Configurar cookies
0.082108974456787