Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza unha viaxe a Compostela
LugoXa
A asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza unha visita cultural a Compostela, que terá lugar o venres 9 de febreiro.
27 Xan 2024
A asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza unha visita cultural a Compostela, que terá lugar o venres 9 de febreiro.
A viaxe dará comezo en Castroverde ás 8.30 horas con parada no Carqueixo ás 8.40. En Santiago visitarán pola mañá o Parlamento Galego e a Cidade da Cultura.
Despois da parada para xantar, ás 14.00 horas, visitarán pola tarde as cubertas da Catedral e o Pórtico da Gloria.
As persoas interesadas en asistir teñen que anotarse antes do 1 de febreiro. O prezo é de 35 euros e inclúe autocar, xantar e visitas.