Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza unha visita guiada aos fornos do cal

LugoXa
A actividade celebrarase o sábado 14 de febreiro con percorrido patrimonial, xantar e unha conferencia sobre a arquitectura tradicional
forno-de-bolaño-Amigos-do-Patrimonio-de-Castroverde
1 Feb 2026

A asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza para o sábado 14 de febreiro unha visita aos fornos do cal do municipio, unha actividade que pretende poñer en valor este elemento singular do patrimonio galego vinculado á construción tradicional.

A xornada dará comezo ás 10:00 horas coa saída desde a praza de Castroverde, desde onde se realizará un percorrido polos fornos do cal situados en Bolaño, Serés, Castedo, A Meda, Outeiro e Silvaldes. Tras a visita, ás 14:00 horas, está previsto un xantar para as persoas participantes.

Xa pola tarde, ás 16:00 horas, o Centro Sociocultural Paco Pestana acollerá unha conferencia a cargo de dona María Teresa Gómez Morgade, que levará por título Patrimonio galego de terra e cal, na que se abordará a importancia destes materiais e técnicas na arquitectura tradicional de Galicia.

Desde a organización lembran que é necesario comunicar a asistencia antes do día 9 de febreiro, tanto por cuestións de loxística do autobús como polo xantar. Así mesmo, recoméndase acudir con calzado axeitado que permita achegarse sen dificultade aos lugares nos que se atopan os fornos.

0.13168883323669