Amigos do Patrimonio de Castroverde realiza a súa asemblea xeral o sábado
A asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde celebrará este sábado, 13 de xaneiro, a súa asemblea xeral ordinaria no concello, na que se procederá en primeiro lugar a aprobar as contas do pasado ano e facer un balance das actividades realizadas no curso que remata.
Así mesmo, a directiva da asociación presentará un listado de actividades a desenvolver durante o 2024 e á aprobación do orzamento para este.
Nesta listaxe figuran a realización de varias rutas polos concellos próximos, unha viaxe a Compostela ou a participación en diferentes conmemoracións como o Día Mundial do Patrimonio, o Día das Montañas ou a limpeza das sendas.
Ademais proxectan outras actividades, como seguir traballando na recuperación de cruceiros e cruces e apoiando iniciativas para a recuperación de lugares emblemáticos como a Torre da Fortaleza, o Convento de Monte Cubeiro, Soutomerille, etc.
Na reunión tamén se dará conta das novas altas e baixas na asociación, as publicacións pendentes, o nomeamento de socios de honra ou a continuidade nas plataformas Queremos Galego e Eólica si, pero non así.