Amigos do Patrimonio de Castroverde rende homenaxe a un veciño

LugoXa
O colectivo Amigos do Patrimonio de Castroverde fará unha homenaxe ao veciño Sabino Besteiro Trashorras, membro deste colectivo.
amigos patrimonio homenaxe vecinos portada
4 Ago 2023

O colectivo Amigos do Patrimonio de Castroverde fará unha homenaxe ao veciño Sabino Besteiro Trashorras, membro deste colectivo, que faleceu no no 2022.

O acto terá lugar o 5 de agosto e se iniciará ás 11.00 horas na Pallota (Areeira-Soutomerille) coa saída dun percorrido pola Ruta de Soutomerille. Baixarán polo Camiño Primitivo desde As Cambas e volta á Pallota.
Farase a homenaxe deixando liberdade aos participantes, como a lectura dun poema, un comentario, etc.

Ás 14.00 horas terá lugar un xantar na Veiga do Olmo con empanada e lacón.

As persoas interesadas no xantar deberán anotarse previamente no 659 523 960 ou no correo amigospatrimoniodecastroverde@gmail.com antes do 2 de agosto. Para facer a ruta non é necesatio anotarse.

amigos patrimonio castroverde
0.14181208610535