Amoexa, en Antas de Ulla, celebra as súas festas a próxima fin de semana
LugoXa
Amoexa, en Antas de Ulla, celebra as súas festas a próxima fin de semana durante tres días cheos de música e celebración
29 Sep 2022
Amoexa, parroquia de Antas de Ulla está de celebración a próxima fin de semana coas súas festas na honra á Virxe do Rosario.
As celebracións darán comezo o venres 7 de outubro ás 22.00 con unha ce popular para todos os asistentes e unha verbena amenizada polo grupo Alma Latina.
O sábado ás 13.00 terá lugar a misa con procesión para continuar con unha sesión vermú a cargo da Asociación Cultural Fiadeira. Pola noite unha gran verbena a cargo dos dúos Élite e Explosión.
Para finalizar as festas o domingo haberá unha misa e procesión ás 13.00 e despois unha sesión vermú a cargo da Banda de Música de Antas de Ulla.