Ampliado o número de prazas dispoñibles da Escola Infantil de Palas de Rei

LugoXa
O Concello de Palas de Rei da comezo o próximo mércores 14 de setembro as súas festas do Ecce Homo que durarán ata o domingo.
palas de rei escola infantil
6 sep 2023

O Concello de Palas de Rei impulsa a ampliación da Escola Infantil Municipal que pasará de 30 a unhas 40 prazas de nenos en idades comprendidas ata os 3 anos.

O ente local palense finalizou as obras de mellora nas instalacións, procurará agora a autorización formal para ampliación das prazas solicitadas á Xunta de Galicia para dar así, resposta a cada vez maior demanda neste servicio municipal por parte da veciñanza.

O alcalde, Pablo Taboada, valora "positivamente o incremento na demanda de prazas na Escola Infantil, consecuencia directa dun maior número de nacementos nun concello rural e do interior. Destacou ademais, que o Concello de Palas está a traballar para atender as diversas demandas dos máis pequenos, xa que son o futuro do noso municipio".Neste senso, salientou o traballo que está desenvolvendo a área de Servicios Sociais que acadaron a apertura do servizo de Ocioteca/Ludoteca que facilita a conciliación laboral e familiar de proxenitores con fillos/as en idade escolar.

Ata o momento, a Escola Infantil presentaba unha porcentaxe de ocupación do 95%, con esta nova ampliación estima poder dar resposta a un número de entre 38 a 40 prazas.

0.19258499145508