Amplían a 95 os postos de venda do Mercado Tradicional de Lugo

LugoXa
A Área de Participación amplia a 95 os postos de venda do Mercado Tradicional. A elevada demanda obriga a incrementar en 8 prazas.
POSTOS PRAZA ABASTOS LUGO
13 Xul 2023

A elevada demanda obriga a incrementar en 8 prazas a listaxe anterior, que xa ascendía a 87.

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza anunciou que o Goberno de Lugo vén de ampliar o número de autorizacións para persoas vendedoras do Mercado tradicional debido á elevada demanda de postos. Deste xeito a listaxe anterior que ascendía a 87 persoas autorizadas, vese incrementada en 8 máis.

Contarase, pois, cun total de 95 prazas no Mercado Tradicional, que todos os martes e venres ofertarán unha importante variedade de produtos procedentes da propia colleita, “produtos naturais que outorgan ao noso mercado unha elevada puntuación en satisfacción e calidade, valorables na gran afluencia de persoas sobre todo nestas datas de verán”, afirmou Cristina López.

A concelleira afirmou que “os mercados son para nós un piar estratéxico para a economía" e engadiu que "o mercado tradicional é un exemplo de fonte de creación de valor engadido para as nosas produtoras e produtores".

A concelleira de Participación lembra que "desde o Goberno de Lugo continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza opte por realizar alí as súas compras e por desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación e da ubicación privilexiada da Praza e do Mercado".

0.12458395957947