Amplían o Parque do Rato con cinco novos hortos para atender a alta demanda

LugoXa
A institución provincial adxudicará 50 autorizacións, entre renovacións e novos solicitantes, con prórroga posible de dous anos
Hortos urbanos lugo (2)
27 Feb 2026

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a ampliación do Parque do Rato, pasando de 150 a 155 hortos dispoñibles, e a adxudicación de 50 novas autorizacións de uso. Esta medida responde á alta demanda rexistrada na última fase de concesión, na que se presentaron 52 solicitudes.

Segundo explicou a deputada Pilar García Porto, das 52 solicitudes concedéronse 50: 12 delas corresponden a antigos usuarios e usuarias que renovan o seu permiso, mentres que outras 38 son para novos solicitantes. Os novos permisos permitirán usar os hortos durante dous anos, prorrogables por outros dous. A previsión é que o próximo mes as persoas e entidades interesadas poidan comezar a utilizar os espazos asignados.

Para dar resposta á demanda, a Deputación decidiu incrementar en cinco o número de hortos, aproveitando os terreos dispoñibles neste enclave. Pilar García Porto valorou positivamente a acollida desta iniciativa, destacando que durante anos a institución apostou por fomentar o lecer saudable, a concienciación ambiental e as prácticas de cultivo sostible nun espazo situado no corazón da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

0.13190317153931