Amplíase a oferta formativa de FP en Lugo cun ciclo de Panadería, pastelería e confitería

LugoXa
Se amplía la oferta educativa de FP en Lugo con un ciclo medio de Panadería, Pastelería y Confitería en el IES Sanxillao.
ies sanxillao lugo
11 Abr 2022

Lugo contará o vindeiro curso académico cunha maior oferta formativa de FP despois de que se aprobara a inclusión do ciclo de Panadería, pastelería e confeitería. A ampliación na oferta educativa foi unha das suxestións do BNG nos últimos pleno, proposta denegada polo Grupo Municipal do PP.

A Concelleira do BNG Maite Ferreiro, cualificou como “unha boa nova” que o Goberno da Xunta de Galicia “corrixa ao PP de Lugo e amplíe a oferta de Formación Profesional da cidade cun ciclo que contará cunha gran demanda na cidade, ao ter xa o IES Sanxillao un importante peso na familia profesional da hostalería”.

Ciclo Medio de Panadería, Repostería e Confeitería

O Ciclo Medio de Panadería, Repostería e Confeitería permite ás persoas que o completan desenvolver a súa actividade profesional en obradores artesanais ou semi industriais que elaboran produtos de panadería, pastelería e confeitería, así como no sector da hostalería, no subsector da restauración e como elaboradores. Tamén no sector do comercio da alimentación naqueles establecementos que elaboran e venden produtos de panadería, pastelería e repostería.

O plan de formación do ciclo inclúe o estudo das materias primas e dos procesos de elaboración de pastelería e repostería, elaboración de confeitería ou operacións e control de almacén na industria alimentaria.

Ao remate do período formativo, as e os estudantes serán capaces de elaborar produtos de panadería, pastelería, repostería e confeitería, elaborar sobremesas de restauración e empratados, compoñer, rematar e presentar os produtos elaborados aplicando técnicas decorativas innovadoras, envasar, etiquetar e embalar os produtos elaborados ou aprovisionar e almacenar as materias primas e auxiliares, e os produtos rematados. A formación inclúe coñecementos en marketing para publicitar e promocionar os produtos elaborados facendo uso de técnicas de comercialización innovadoras.

Acceso ao ciclo

En Galicia, ata este curso só se podía acceder ao ciclo nos centros públicos CIFP Paseo das Pontes, da Coruña, IES Fraga do Eume de Pontedeume, CIFP Compostela, de Compostela, IES De Vilamarín do Palacio, Ourense, CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e no CIFP Manuel Antonio de Vigo. De cara ao vindeiro curso, o IES Sanxillao unirase á oferta, completando a dispoñibilidade deste ciclo en todo o territorio galego

0.17930698394775