Ana Bacalhau e Andrea Motis novos concertos confirmados para o San Froilán 2022

LugoXa
Confirmados novos concertos de cara ao San Froilán 2022. Ana Bacalhau e Andrea Motis únense a Anni B Sweet y Los Estanques e Dakidarría.
verbena festa orquesta concerto
12 sep 2022

Confirmados catro novos concertos de cara ao San Froilán 2022. A portuguesa Ana Bacalhau e a barcelonesa Andrea Motis forman parte da nova tanda de confirmacións para a gran festa do outono galego entre os que tamén atopamos a Anni B Sweet y Los Estanques e o grupo galego Dakidarría.

Ana Bacalhau; Xoves 6 de outubro. 21h. Praza Santa María.

Ana Bacalhau naceu no 1978. Ela quería ser profesora de portugués e inglés pero as leccións de guitarra levárona a descubrir a sua voz e unhas ganas de facer música que nunca a abandoaron. A primera banda chamouse Lupanar. Naceu no 2001, dunha idea conxunta de Gonçalo Tocha e Dídio Pestana de facer música en portugués, explorando sons, palabras e xéneros musicais sen restriccións nin barreiras.

Alí coñeceu a Zé Pedro Leitão, baixista, con quen formou o trío de jazz Tricotismo, no 2005, onde exploraron xuntos o seu gusto polo jazz e o blues. Deolinda chegaría no 2006. Con ela, o desexo de vivir exclusivamente da música faise realidade e dende entón recorre o mundo coas palabras e sons da banda. Ademáis do seu traballo en Deolinda, compartiu voz e escenario con outros músicos, como Gaiteiros de Lisboa, Sérgio Godinho, Xutos & Pontapés, António Chainho, Pedro Abrunhosa, Ana Moura.

No 2013 foi convidada a participar nunha canción promovida pola ONU, One Woman, dun grupo de 25 cantantes, entre elas; Concha Buika, Bebel Gilberto e Rokia Traoré. Ana Bacaclhau debutou nun escenario en solitario en decembro do 2013, co proxecto 15, cantando algunhas das cancións que máis a marcaron dende os 15 anos. Agora cumple un desexo de fai moito tempo: lanzar o seu primeiro álbum en solitario. Nome Próprio co que está a xirar na actualidade.

Andrea Motis; Venres 7 de outubro. 21h. Praza Santa María.

Andrea Motis (Barcelona, 9 de maio do 1995) é unha trompetista, saxofonista e cantante. Formouse musicalmente, a partir dos 7 anos, na Escola Municipal de Música de Sant Andreu, como trompetista primeiro e saxofonista despois. No 2007, con só 12 anos, comezou a colaborar co grupo de jazz Sant Andreu Jazz Band, dirixido polo profesor de música e músico Joan Chamorro quen a descubriu artisticamente e con quen gravou oito discos e tocou en directo con nomes da talla do trombonista Wycliffe Gordon, o saxofonista Jesse Davis, o clarinetista Bobby Gordon e o saxofonista Dick Oatts.

Anteriormente, aos 3 anos xa comezara a cantar na Coral Plançons del Orfeó l'Eco de Catalunya. O 20 de xullo do 2011 foi invitada por Quincy Jones a formar parte do seu grupo Quincy Jones & The Global Gumbo All Stars no Festival de Perelada. Debido a súa precocidade, unha infinidade de medios de comunicación entrevistárona ou escribiron reseñas da súa actividade musical. No 2010, cando tiña 15 anos, gravou como cantante solista un disco de estándares de jazz titulado Joan Chamorro presenta Andrea Motis. Asimesmo, logrou estar entre os 10 finalistas dos premios Català de l'any 2011 outorgados por El Periódico de Catalunya.

A trompetista, saxofonista e intérprete é a primeira artista catalá que grava un álbum coa discográfica americana Impulse!, o mesmo sello para o que gravaron John Coltrane e Charles Mingus, entre outros, con composicións propias e versións en catalán, inglés e portugués.

Chega a Lugo a presentar o seu novo proxecto, Loopholes, onde se aventuran os dominios do funk, neo soul, hip ho pe incluso achégase á cumbia colombiana coa súa persoal versión de El Pescador.

Anni B Sweet y Los Estanques. Sábado 8 de outubro. Praza de Santa María. 21h.

O novo tándem Los Estanques y Anni B Sweet  publicou o seu primeiro álbum conxunto, baixo o suxerente -e moi surrealista- título Burbuja cómoda y elefante inesperado  co tema Caballitos de mar como focus track. Composto por Anni B Sweet e Iñigo Bregel.

Los Estanques son unha banda de pop psicodélico establecida en Madrid, formada por Iñigo Bregel (voz, teclado e guitarra), Germán Herrero (guitarra), Daniel Pozo (baixo) e Andrea Conti (batería). Tras recibir o recoñecemento da prensa musical e seren nominados aos Premios RUIDO, no 2020 editaron o seu cuarto disco IV, en plena pandemia. Ainda así, ofreceron máis de 50 concertos por todo o país.

Anni B Sweet é unha das artistas máis destacadas da música independente española. Desde as súas precoces composicións aos 9 anos, a cantautora malagueña afincada en Madrid hoxe é referente da nosa escena folk. O seu disco máis reciente Universo por estrenar (2019), é o primeiro que compuxo íntegramente en castelán. Este traballo foi galardoado con dous Premios MIN á Mellor Canción e Mellor Produción, e unha nominación ao MTV EMA.

Dakidarría. Venres 7 de outubro. 23h. Praza de Santa de María.

Tras 18 anos dende a súa formación e unha bagaxe máis que interesante de discos e concertos podemos etiquetar a Dakidarría como unha banda histórica no panorama galego e estatal. Alcanzan a maioría de idade mentres ultiman o lanzamento do seu sexto disco de estudo Colaxe, sendo a banda referencia da música contestataria galega.

Con ampliación de formación retoman a estrada neste 2022 para descargar a emoción, a enerxía e a adrenalina dos seus concertos en tódolos lugares que sexa posible con Colaxe Tour.

0.16674900054932