Ana Goy, numeraria da Real Academia Galega de Belas Artes

LugoXa
Ana Goy foi nomeada este mediodía como académica de número da Real Academia Galega de Belas Artes, no Campus de Lugo da USC
Ana Goy
28 Maio 2022

Ana Goy Diz, catedrática do Departamento de Historia da Arte da USC, formalizou este mediodía o seu ingreso como académica de número na sección de Expertos nas Artes da Real Academia Galega de Belas Artes, no marco dunha cerimonia que se desenvolveu no salón de actos da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo.

Goy Diz pronunciou un discurso titulado Ribeira Sacra: a construcción dunha paisaxe cultural e recibiu a réplica de Antonio Rodríguez Colmenero, que tamén é académico de número da sección de Arqueoloxía e Museoloxía da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.

0.13737297058105