Analízanse as melloras en infraestruturas e servicios para A Fonsagrada con novos fondos autonómicos

LugoXa
Entre os temas tratados, falouse da construción dunha rotonda na confluencia das estradas LU-530, LU-740 e LU-730 á entrada da vila
PP-A-Fonsagrada-coa-Xunta
12 Mar 2025

O voceiro do PP no Concello da Fonsagrada, Bernardo Niño, reuniuse co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, para falar de diversos proxectos impulsados polo Goberno autonómico no municipio.

Durante a reunión, tratáronse diversos temas, entre eles as actuacións previstas no ámbito das infraestruturas, como a construción dunha rotonda na confluencia das estradas LU-530, LU-740 e LU-730 á entrada da vila. Arias asegurou ao representante do Concello que a Xunta xa ten preparado un proxecto para esta obra, que se licitará en breve. O principal obxectivo desta mellora é aumentar a seguridade na intersección das mencionadas estradas autonómicas, que actualmente conta cunha glorieta partida.

Ademais, abordáronse outros investimentos recentes realizados pola Administración galega na Fonsagrada, como os preto de 108.000 euros que foron destinados ao Plan Marco 2023-2024 da Consellería de Medio Rural. Grazas a esta achega, acometéronse melloras en camiños rurais en diversas parroquias como San Pedro do Río, Redrollán e Torviso.

Tamén se trataron os máis de 50.000 euros destinados á mellora das instalacións da cociña e o comedor no CEIP Santa María da localidade.

⚙ Configurar cookies
0.96834516525269