Ancares-Terras de Burón traballa para ser destino de ecoturismo
O Concello de Baleira acolle mañá unha Xornada sobre o Plan de Sostibilidade Turística co fin de avanzar na candidatura de Ancares -Terras de Burón como destino de ecoturismo.
Así, dende as 10 da mañá a Casa da Cultura da localidade acollerá distintas charlas e coloquios para axudar a entender o proceso de conformación da candidatura así como as diferentes accións que se van levar a cabo.
Asemade, comezarán a desenvolverse os grupos de traballo, institucional, empresarial e asociativo cos que comezar a responderse as cuestións sobre o tipo de destino que se quere conformar, que recursos poñer en valor. Ademáis haberña unha posta en común sobre que accións emprender para conseguir acadar o nomeamento. Ás 16 horas se realizará a clasura do acto.