Andoni Canela presenta en Rábade o seu novo libro 'Territorio Lobo'
O vindeiro venres, 7 de febreiro, ás 20:30 horas, terá lugar na Casa das Insuas a presentación de Territorio Lobo, o novo libro de Andoni Canela, unha obra que nos achega á figura do lobo ibérico a través dunha mestura única de fotografías espectaculares e reflexións profundas sobre a conservación da natureza.
Durante o evento, organizado pola Asociación de Custodia do Territorio, Andoni Canela compartirá co público o proceso creativo e as historias detrás deste proxecto especial, que contou cun amplo respaldo a través da plataforma Verkami. Ademais, estará acompañado por Pedro Alonso, biólogo experto no estudo do lobo en Galicia, quen achegará a súa visión científica sobre esta especie emblemática.
Andoni Canela, fotógrafo, xornalista e realizador de documentais, é un recoñecido experto en temas de natureza e medio ambiente. Autor dunha ducia de libros, como Durmiendo con Lobos ou El Oso Cantábrico, e colaborador habitual en medios como National Geographic e El País, foi tamén candidato aos Premios Goya no 2017 polo seu documental El viaje de Unai. Actualmente, dedica boa parte do seu traballo ao proxecto Panteras.
Para asistir hai que confirmar asistencia enviando un correo a: casadasinsuas@gmail.com.