Andrés Suárez actuará este decembro en Lugo
Este outono regresa a Galicia o ciclo de concertos en acústico Momentos Alhambra Acustiquísimos, unha das citas musicais imprescindíbeis de cada nova tempada. Este 2023, Nena Daconte, Elefantes, O Kanka e Andrés Suárez conforman o cartel desta sexta edición de directos únicos e irrepetíbeis, nos que, como é habitual, primarán a calidade sonora e a experiencia próxima para o público.
Deste xeito, do 18 de novembro ao 1 de decembro, Momentos Alhambra Acustiquísimos regresa a catro cidades galegas -Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo- da man de catro figuras imprescindibles da escena musical indie actual.
Así mesmo, a nova tempada de directos de Momentos Alhambra Acustiquísimos incorpora dúas grandes novidades este 2023: a gastronomía, da man dalgúns dos chefs Alhambra máis recoñecidos de Galicia, que servirán tapas de autor en cada directo, e dous novos espazos como o Círculo das Artes de Lugo, que se suman aos xa coñecidos Patio de Cristal do San Francisco Hotel Monumento, de Santiago de Compostela, e ao Hall do Teatro Afundación, de Vigo. As entradas para os catro directos do ciclo, organizado por Art Music co patrocinio de Cervezas Alhambra, sairán á venda o luns 11 de setembro, ás 12.00h, a través de Ataquilla.com.
Este 2023, os directos de Momentos Alhambra Acustiquísimos concentraranse en tres fins de semana e, Andrés Suárez, poñeralle o broche dourado ao ciclo no Círculo das Artes de Lugo o venres 1 de decembro, ás 21.30h, tamén en formato só. Unha das voces máis apaixonadas e persoais da canción de autor celebra a saída do seu noveno disco Viaxe de vida e volta sobre os escenarios cunha extensa xira que fará a súa parada en Lugo, nun acústico íntimo, da man de Momentos Alhambra Acustiquísimos. Pero neste novo show en vivo, que promete amor, humor, xocosidade e optimismo, non faltarán, tampouco, as cancións máis icónicas do galego.