Animan aos nenos e nenas de Antas de Ulla a participar no Certame de Poesía Infantil Nadal 2024

LugoXa
Os interesados en participar poderán facelo escribindo nun poema interesante sobre o Nadal que deberá ser entregado antes do 20 de decembro na biblioteca
Biblioteca-Antas-de-Ulla
7 Dec 2024

Desde o Goberno local de Antas de Ulla promoven o Certame de Poesía Infantil Nadal 2024 a través da Biblioteca Municipal.

Desta maneira, están convocados a participar os nenos, nenas, mozos e mozas de ata 16 anos para fomentar a creatividade en galego.

Así, os interesados en participar poderán facelo escribindo nun poema interesante sobre o Nadal que deberá ser entregado antes do 20 de decembro na biblioteca.

As persoas participantes obterán como premio diplomas, libros e material escolar. Ademais, os traballos gañadores da fase local pasarán á fase provincial e serán publicados nun libro conmemorativo.

⚙ Configurar cookies
0.14286303520203