Antaruxas e Sorteiros celebra o 25 aniversario da Mostra Folclórica da Fonsagrada

LugoXa
O programa comeza ás 12.00 horas con demostracións en vivo de traxes tradicionais na praza do Concello e mostra infantil a partir das 13.30 horas
Antaruxas-e-Sorteiros
8 Ago 2024

Este sábado 10 de agosto o colectivo Antaruxas e Sorteiros organiza a 25º edición da Mostra Folclórica na Fonsagrada. O programa comeza ás 12.00 horas con demostracións en vivo de traxes tradicionais na praza do Concello e mostra infantil a partir das 13.30 horas.

Pola tarde, a partir das 18.00 horas, terá lugar pasacalles dos grupos participantes ata a praza do municipio. Seguiralle a benvida aos grupos e entrega dos agasallos. A XXV Mostra Folclórica rematará ás 20.30 horas cunha actuación moi especial. Ademais da asociación cultural Antaruxas e Sorteiros, a cita contará coa participación de Rancho Folclórico Unidos Cheira de Penacova (Coimbra) e tamén da agrupación folclórica Chisaja de La Laguna (Tenerife).

Mostra Folclórica na Fonsagrada
0.12446188926697