Antas acolle unha xornada sobre a tarifa da luz

LugoXa
A Casa da Cultura de Antas de Ulla acolle o vindeiro luns, 30 de maio, unha xornada informativa sobre a factura da luz.
luz factura bombilla
26 Maio 2022

A Casa da Cultura do Concello de Antas de Ulla será a nova parada do ciclo de charlas programadas para informar sobre a nova tarifa eléctrica, que organiza o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC).

Esta campaña ten por obxecto facilitar aos consumidores a información necesaria para aforrar na factura da luz tendo en conta os tres períodos horarios que contempla a nova tarifa implantada polo Goberno central –val, chairo e punta–, así como resolver dúbidas relacionadas, por exemplo, coa contratación de potencia ou o novo recibo da luz.

A xornada de Antas de Ulla terá lugar o vindeiro luns, 30 de maio, ás 17.30 horas.

Todos aqueles que precisen más información, poden acudir a calquera oficina que o IGCC ten repartidas polas sete grandes cidades de Galicia, ou ben chamar ao teléfono gratuíto 900 23 11 23, operativo de 9 a 14 horas de luns a venres. Ademais, contan tamén cun correo electrónico no que trasladar as súas dúbidas ao organismo, así como un asistente de reclamacións. Pódese obter máis información e consellos prácticos tamén na web do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

0.21399617195129