Antas da a coñecer os premiados no Certame de debuxo e narración
LugoXa
A Biblioteca de Antas de Ulla dará a coñecer mañá aos gañadores do Certame infantil de narración e debuxo Letras Galegas 2022
16 Maio 2022
O Concello de Antas de Ulla organiza para mañá, a partir das 18 horas, o acto de entrega de premios do Concurso Letras Galegas 2022 da biblioteca de Antas de Ulla. O acto celebrarase na Casa da Cultura da localidade.
Os premiados neste certame infantil de narración e debuxo irán directos á participación no concurso provincial que organiza a Biblioteca Nodal de Lugo.
Trala entrega de premios, Cristina Collazo porá en escea o seu espectáculo A Alquimista.