Antas de Ulla abre o prazo do Servizo de Madrugadores
O Concello de Antas de Ulla abre o prazo de inscrición no seu Servizo de Madrugadores, dirixido a nenas e nenos que estudan no CEIP do municipio. O prazo para anotarse estará aberto ata o día 6 de setembro. O servizo inclúe un almorzo saudable, e se desenvolverá nas aulas exteriores.
A inscrición poderá ser realizada nas oficinas do Concello, na súa páxina web, ou solicitando a documentación no enderezo de correo electrónico madrugadoresantasdeulla@gmail.com As prazas son limitadas, polo que dende o Concello pídese ás familias que realicen a inscrición da cativada no servizo o antes posible.
A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, destaca que “este servizo forma parte do conxunto de actividades que o Concello pon en marcha para favorecer a conciliación familiar e laboral”. “Anunciaremos máis actividades neste sentido proximamente”, engade a rexedora.