Antas de Ulla abre o prazo para os seus campamentos de verán
O Concello de Antas de Ulla organiza nos meses de xullo e agosto os seus campamentos de verán, cunha proposta de actividades que abrangue dende os 4 ós 16 anos. Son campamentos gratuítos e distribuídos por idades, cunha programación diferenciada e actividades orientadas a cada grupo de idade.
“Tratamos de dar un servizo ás familias, especialmente pensando en pais e nais que traballan, á vez que tratamos de fortalecer vínculos e un arraigo co territorio entre os nenos e nenas”, explica a alcaldesa, Pilar García Porto.
A inscrición debe facerse de xeito presencial nas oficinas do concello. O formulario pode descargarse na páxina web www.concellodeantas.org e tamén pode facilitarse por correo electrónico, solicitándoo previamente no número de teléfono 982 379 2An51.