Antas de Ulla acende o Nadal cunha tarde de maxia e chocolate

LugoXa
A vila celebra este sábado o acto central do Nadal con actuación do mago Kiko Pastur, chocolatada gratuíta e o acendido oficial das luces
iluminación-Nadal-Antas-de-Ulla
4 Dec 2025

Antas de Ulla prepárase para dar a benvida á época máis máxica do ano cunha tarde de celebración na Praza do Concello. Este sábado 6 de decembro, veciñas e veciños están convidados a participar no acendido das luces de Nadal, un dos momentos máis esperados do calendario festivo.

As actividades comezarán ás 17:30 horas coa actuación do Mago Kiko Pastur, que promete encher de ilusión e sorpresa a pequena e gran audiencia. Á continuación, as persoas asistentes poderán gozar dunha chocolatada con churros totalmente gratuíta, para a cal se poderán retirar tickets ao carón do escenario do mago.

O acto principal será o acendido das luces de Nadal, que marcará oficialmente o inicio dunha temporada chea de espírito festivo. En caso de choiva, todas as actividades trasladaranse á Praza Nova, un espazo cuberto.

A iniciativa busca ser un punto de encontro para compartir, festexar e vivir o Nadal en familia e entre a comunidade, ofrecendo unha oportunidade para desfrutar dunha tarde máxica en Antas de Ulla.

⚙ Configurar cookies
0.081598043441772