Antas de Ulla acolle a presentación do libro da escritora María Rosario Regueira Cereijo
LugoXa
A Biblioteca de Antas de Ulla acolle este venres, ás 19.00 horas, un encontro coa escritora María Rosario Regueira Cereijo
29 Xuño 2023
A Biblioteca de Antas de Ulla acolle este venres, ás 19.00 horas, un encontro coa escritora María Rosariop Regueira Cereijo, que falará do seu libro A viaxe das Anduriñas.
Na súa sinopse o libro di: "Os emigrantes renunciamos a todo , á nosa vida , á nosa historia , á nosa cultura , mesmo á nosa familia ... e para que ? Para seguir sempre sendo forza de traballo da que abusar e á quen negarlle dereitos ... O caso é que , ó chegar , aprendemos a adaptarnos , a buscar as oportunidades debaixo das pedras , pero nesa busca , aínda para o caso de que cheguemos a trunfar en maior ou menos medida , sempre renunciamos a mais do que gañamos porque rachamos co propio medio , crebamso a propia personalidade , mudamos a propia cultura ... "