Antas de Ulla acollerá unha xornada sobre prevención da violencia de xénero en menores

LugoXa
A formación, organizada por Afammer Lugo, terá lugar o 15 de outubro na Casa da Cultura co apoio da ANPA do CEIP Antas de Ulla
inauguracion-casa-cultura-antas-de-ulla
27 Sep 2025

O Concello de Antas de Ulla será escenario o vindeiro 15 de outubro dunha sesión formativa baixo o título Prevención da violencia de xénero na infancia e adolescencia, impartida por Afammer Lugo e aberta a nais, pais e a calquera persoa interesada.

A actividade desenvolverase ás 16:00 horas na Casa da Cultura de Antas de Ulla e conta coa colaboración da ANPA do CEIP Antas de Ulla. O obxectivo é ofrecer ferramentas de sensibilización e prevención que permitan detectar e abordar de maneira temperá situacións de violencia de xénero en idades temperás, promovendo unha educación en igualdade e o respecto nas relacións.

As inscricións deben realizarse a través dos Servizos Sociais do Concello de Antas de Ulla, contactando con Alba no teléfono 982 379 251.

⚙ Configurar cookies
0.31103610992432