Antas de Ulla cancela a visita dos Reis Magos e propón unha alternativa para os nenos
O Concello de Antas de Ulla decide cancelar a visita dos Reis Magos e a festa infantil prevista para o día 5 de xaneiro debido á situación sanitaria que se está a vivir a nivel xeral. O Concello considera que esta decisión é o máis prudente e responsable co fin de mellorar a situación actual.
A pesar disto, buscan manter a ilusión destas datas e que os nenos poidan realizar as súas peticións aos Magos de Oriente e que o día 6 reciban os seus agasallos. Para iso, poñen a disposición os teléfonos de dúas elfas axudantes dos reis. A través delas anotaranse para recibir unha videochamada das maxestades de Oriente.
A inscrición farase a través dos números 630 366 704 ou 676 822 554 antes do día 31.
Con esta iniciativa búscase ofrecer aos nenos a oportunidade de falar cos reis para contarlles o ben que se portaron e cales son os seus desexos e peticións. Axudando a manter a ilusión e maxia propia destas datas.