Antas de Ulla celebra a festa de San Cristovo o domingo 20 de xullo cun completo programa

LugoXa
A vila de Antas de Ulla volve a honrar a San Cristovo cunha xornada chea de música, tradición e diversión para todas as idades
San-Cristovo-Antas-de-Ulla
8 Jul 2025

O vindeiro domingo 20 de xullo, Antas de Ulla acollerá unha nova edición da tradicional festa na honra a San Cristovo, cun programa cargado de actividades para todos os públicos.

A xornada festiva comezará ás 12:00 horas cun pasarrúas pola vila a cargo da Asociación Fiadeira, que tamén acompañará a misa e a bendición dos vehículos ás 13:00 horas.

Como cada ano, o campo da festa estará dispoñible para os asistentes que desexen gozar dunha comida campestre. Como novidade, ofrecerase un menú con reserva previa no propio Campo da Festa, que inclúe polbo, churrasco, pan, viño, sobremesa e café por un prezo de 25 euros. As reservas poden facerse ata o 18 de xullo nos teléfonos 656 974 467 e 693 623 295.

A partir das 17:00 horas, haberá inchables gratuítos para os máis pequenos, seguidos da animación da Charanga Era Visto entre as 18:00 e as 20:00 horas. Un dos momentos máis divertidos chegará ás 20:00 coa festa da escuma.

A música será protagonista durante toda a xornada, co vermú e a verbena a cargo da Orquestra La Travesía, que amenizará a festa ata altas horas. Ademais, entregaranse premios aos vehículos mellor engalanados.

⚙ Configurar cookies
0.17420792579651