Antas de Ulla celebra o San Xoán presentando ao novo director da Banda de Música

LugoXa
O Concello de Antas de Ulla presenta as festas do San Xoán que comezarán cunha cea popular e contarán con numerosas actuacións musicais.
Festas San Xoán de Antas
21 Xuño 2022

Antas de Ulla presenta as súas festas na honra de San Xoán. Así este xoves, 23 de xuño, iniciará a celebración ás 21,30 horas cunha cea popular na praza Nova. As entradas pódense adquirir no Restaurante Val por 7 euros, ou nos teléfonos da comisión: 656 935 310, 610 077 618 ou 661 827 958.

Á medianoite será momento do encendido do lume novo e da queimada. Todo, amenizado polo trío Orquídea.

O venres 24 de xuño continúan as festas con pasarrúas ás 11.30 horas a cargo da Banda de Música Municipal de Antas que tamén amenizarán a praza Nova dende as 14.00 horas, despois da misa solemne.

Á noite, ás 22.30 horas, terá lugar o concerto Unha noite especial na praza Nova que servirá como acto de presentación do novo director da Banda de Música Municipal. Tralo concerto, á medianoite, iniciarase a verbena da man da orquestra La Banda de Ayer.

Festas San Xoán de Antas
0.10846209526062