Antas de Ulla celebra 'Os Maios' con música e tradición o 9 de maio

Antas de Ulla prepárase para celebrar unha nova edición da tradicional festa de Os Maios este venres 9 de maio na Praza do Concello.
O evento comezará ás 18:00 horas cunha actuación especial das nenas e nenos de Fiadeira, asociación cultural que traballa na dinamización da cultura galega entre os máis pequenos.
Tras esta actuación, o público poderá gozar dun espectáculo moi esperado: Consertasso na Horta, unha proposta orixinal e divertida de Brais das Hortas, que promete mesturar música, humor e reflexión nun ambiente festivo e familiar.
A celebración, organizada pola Asociación Cultural Fiadeira, enche a praza de cores, flores e tradicións, mantendo viva a esencia desta festa primaveral tan arraigada en Galicia.