Antas de Ulla celebra unha fin de semana dedicada á música con motivo de Santa Icía

Antas de Ulla prepara unha fin de semana marcada pola música para conmemorar Santa Icía, cunha programación que reunirá diferentes agrupacións locais e da contorna na Casa da Cultura.
A proposta busca ofrecer un espazo de encontro no que o público poida gozar, compartir e apoiar o talento musical da comarca a través de actuacións de acceso libre.
A primeira das citas terá lugar o sábado 22 de novembro, ás 20.00 horas, cun concerto no que participarán a Coral Polifónica Sons do Farelo e a Banda de Música de Antas de Ulla, que protagonizarán unha velada centrada na música coral e bandística.
A programación continuará o domingo 23 de novembro, desde as 18.00 horas, coa actuación de Zoelas e da Asociación Cultural Fiadeira, que completarán un fin de semana no que a música tradicional e as formacións locais serán as protagonistas.
O Concello anima a veciñanza a participar nestas dúas sesións festivas, deseñadas para poñer en valor o traballo das agrupacións culturais e fortalecer o tecido musical do municipio.