Antas de Ulla celebrará o Fin de Ano 2025 cunha gran festa na Praza Nova

LugoXa
A Praza Nova, cuberta e climatizada, acollerá a partir da 01.00 horas unha noite de música, convivencia e celebración aberta a toda a veciñanza
iluminación-Nadal-Antas-de-Ulla
20 Dec 2025

As veciñas e veciños de Antas de Ulla están convidados a celebrar de maneira conxunta a chegada do Ano Novo 2025 nunha gran festa popular que terá lugar na Praza Nova, un espazo cuberto e climatizado pensado para garantir a comodidade das persoas asistentes.

A celebración dará comezo á 01.00 horas e contará cunha ampla programación musical para animar a noite. O ambiente estará marcado polas actuacións do Dúo Reflejos e de DJ Tatami, que serán os encargados de poñer ritmo á primeira noite do ano.

Durante a velada haberá servizo de bar, repartiranse agasallos e ofrecerase chocolate con churros, ademais doutras propostas pensadas para crear un ambiente festivo e acolledor.

A cita preséntase como unha oportunidade para compartir, brindar e iniciar o 2025 con alegría e boa compañía no corazón de Antas de Ulla.

⚙ Configurar cookies
0.085657119750977