Antas de Ulla celebrará o San Xoán cunha programación chea de música, tradición e festa

O Concello de Antas de Ulla xa ten todo preparado para celebrar as festas de San Xoán os días 22, 23 e 24 de xuño de 2025 cun completo programa de actividades que mestura tradición, gastronomía, música e diversión para todas as idades.
O sábado 22 de xuño arrancará a programación coa ruta de fiadeira ás 19:30 para recoller herbiñas de San Xoán e, a partir das 20:00 horas, terá lugar unha foliada con Fiadeira na Praza do Concello.
O domingo 23 será a quenda dunha das citas máis esperadas: a cea popular de San Xoán na Praza Nova a partir das 21:30 horas. O menú incluirá pan, liscos, sardiñas e larpeira a un prezo de 5 euros, e as entradas poderán adquirirse ata o 20 de xuño nos establecementos locais ou a través do número 625 784 849.
A noite continuará cunha animada "noite de charangas" a partir das 21:00 horas coa participación das charangas Era Visto, Europa e Os Pendellos, que percorrerán a Praza Nova e as rúas da vila. A tradicional fogueira de San Xoán prenderase na rúa C/Rodeiro a partir das 00:00 horas.
O luns 24 de xuño comezará ás 11:30 co pasarrúas a cargo da Banda de Música de Antas de Ulla. Ás 13:00 celebrarase a misa solemne e a procesión, seguida dun concerto da mesma banda na Praza Nova. Pola tarde, de 17:00 a 20:00 horas, haberá xogos tradicionais para toda a familia, organizados por Xotramu, e ás 23:00 comezará a gran verbena na Praza do Concello.
A actuación estelar correrá a cargo do espectáculo Bailables, coa Banda de Música de Antas de Ulla e as voces de Laia Benaches, Kevin Coll e Luis Gil, seguida dunha sesión a cargo do DJ David Expósito.
En caso de choiva, todas as actividades trasladaranse á Praza Nova.