Antas de Ulla conta cun programa de actividades para maiores

LugoXa
O Concello de Antas de Ulla organiza un programa de actividades para maiores con manualidades, redes sociais ou psicomotricidade
Concello Antas de Ulla actividades maiores
4 Abr 2023

O Concello de Antas de Ulla vén de por en marcha o Programa maiores. 

Este programa busca ofrecer a todas aquelas persoas interesadas actividades de psicomotricidade, artes escénicas, manualidades e redes sociais entre outras. 

As actividades serán ofertadas en diferentes parroquias e así estarán o luns de 17.00 a 18.30 no local social de Dorra. 

Os xoves será a queda de Antas de Ulla en horario de 11.00 a 12.30 na Casa da Cultura e pola tarde de 17.00 a 18.30 no local social de Peibás.

O prazo de inscrición remata o 13 de abril e pódese realizar nas oficinas municipais ou a través do teléfono 982 37 92 51. 

0.060379028320312