Antas de Ulla convértese no epicentro da cultura galega cunha xornada sobre acceso e inclusión

LugoXa
A vila acollerá o 9 de outubro un encontro organizado polo Consello da Cultura Galega con representantes do Ministerio de Cultura, Xunta e deputacións provinciais
Casa-da-Cultura-Antas-de-Ulla
2 Oct 2025

Antas de Ulla será o escenario dun importante encontro cultural o próximo 9 de outubro coa celebración da xornada “Acceso á cultura en Galicia 2025”, unha iniciativa promovida polo Consello da Cultura Galega que reunirá institucións e expertos para debater sobre os retos da participación cidadá e a inclusión no ámbito cultural.

Durante a cita presentaranse as conclusións das xornadas de primavera, centradas en cuestións como a participación, o territorio, a comunicación e as desigualdades. Ademais, daráse a coñecer o Plan de dereitos culturais do Ministerio de Cultura e tamén a nova Lei de cultura inclusiva e accesible impulsada pola Xunta de Galicia.

O programa inclúe unha mesa redonda na que estarán presentes representantes do Ministerio de Cultura, da Xunta e das deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense. Entre as intervencións máis destacadas figuran as de María Amado Tena, en representación do Ministerio, e Anxo Lorenzo, pola Xunta de Galicia, ademais doutros cargos institucionais provinciais.

⚙ Configurar cookies
0.093847990036011