Antas de Ulla estará de festa este domingo na honra a San Cristovo

Antas de Ulla acolle as súas festas na honra a San Cristovo, que terán lugar o domingo 21 de xullo cun pasarrúas, ás 12.00, horas como inicio do programa.
A Asociación Fiadeira será a que se encargue do pasarrúas, ademais da misa de despois que dará paso á sesión vermú coa orquestra La Travesía, como acompañamento. Xa para xantar, haberá unha comida campestre no campo da festa e, para os máis pequenos, colchonetas ás 18.00.
A media tarde, é a quenda da charanga Era Visto e, seguidamente, terá lugar a festa da escuma. Será novamente La Travesía a que se encargue da verbena de fin de festa.