Antas de Ulla organiza a súa carreira popular

LugoXa
Antas de Ulla será este mes de xuño un referente do deporte en Galicia.
casa-concello-antas-de-ulla
21 Xuño 2024

Antas de Ulla será este mes de xuño un referente do deporte en Galicia. O Concello de Antas de Ulla acolle este mes de xuño varios eventos deportivos de diferentes modalidades. A I Carreira Popular Centro Xeográfico de Galicia en Antas de Ulla celebrarase este sábado, cunha proba de 10 quilómetros, carreiras infantís e unha andaina popular de cinco quilómetros.

Esa mesma fin de semana, en concreto do 21 ao 23 de xuño, chegará a quenda da 7ª Antas Cup – Parque Central de Galicia de fútbol 8. “Queremos impulsar as actividades deportivas con eventos que ademais serven para dinamizar o noso concello, dándolle un impulso ao sector servizos pola chegada de centos de deportistas e afeccionados”, explica a rexedora, Pilar García Porto.

0.10488104820251