Antas de Ulla organiza unha formación gratuíta sobre o coidado de persoas dependentes

LugoXa
O obradoiro terá lugar os días 3 e 4 de setembro na Casa da Cultura con sesións de tarde
inauguracion-casa-cultura-antas-de-ulla
1 Sep 2025

O Concello de Antas de Ulla, en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Igualdade, organiza unha actividade formativa gratuíta centrada no coidado de persoas dependentes.

As sesións desenvolveranse os días 3 e 4 de setembro de 2025 na Casa da Cultura de Antas de Ulla, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

O programa ofrece dúas sesións con idéntico contido, polo que os participantes poderán inscribirse segundo a súa dispoñibilidade. Trátase dunha oportunidade destinada a mellorar a capacitación no ámbito dos coidados, un sector cada vez máis demandado na sociedade actual.

As persoas interesadas poden realizar a inscrición a través do Concello de Antas de Ulla, chamando ao número de teléfono 982 23 80 14.

⚙ Configurar cookies
0.17399907112122