Antas de Ulla prepara un San Xoán de actuacións musicais

LugoXa
Antas de Ulla celebra un San Xoán lúdico e ameno que se axusta aos tempos de covid no día de hoxe e no día de mañá, 24 de xuño.
antas de ulla programacion
23 Jun 2021

Antas de Ulla celebra un San Xoán lúdico e ameno que se axusta aos tempos de covid. Así pois, a vila prepara dous días de festexos, no día de hoxe, mércores 23 de xuño e no día de mañá, xoves 24 de xuño.

Este primeiro día, ás 20 horas na praza Nova, farase un acto de presentación do 125 aniversario da Banda municipal de Antas de Ulla para que, seguidamente, se realice un concerto do grupo de metais e percursión da propia banda mencionada anteriormente.

O xoves, 24 de xuño, as actividades comezarán ás 11.30 horas cun pasarrúas da Banda municipal de Antas de Ulla. Ás 14.00 horas, o concerto estará a cargo do vento madeira, corda e percursión da propia banda na praza nova. Chegada a tarde, ás 17 horas, actuarán o grupo de gaitas Fiadeira na praza de España e, para rematar a xornada festiva, haberá unha actuación, ás 19 horas, dos Bolechas, así coma a entrega de premios do concurso de Nadal 2020 e do concurso das Letras Galegas 2021 na praza Nova.

Dende o concello animan a todos os veciños, veciñas e visitantes, a participar nunhas xornadas festivas nas que primará o bo ambiente e a música.

programacion san xoan antas ulla
0.17202091217041