Antas de Ulla protagonizou un paseo de máis de 70 persoas no marco de Xeodestino Comarca De Lugo e Terras Da Ulloa

LugoXa
O paseo por Antas de Ulla que se realizou este sábado, 14 de outubro, no marco do programa Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa, contou con máis de 70 persoas que percorreron a ruta de Antas de Ulla, visitando Pena de Chaos e a Torre de San Estevo do Castro de Amarante cunha duración de tres horas e logo da cal puideron desfrutar dunha degustación de produtos locais e dunha actuación de música tradicional dun grupo local.
Xeodestino Comarca De Lugo e Terras Da Ulloa
16 Out 2023

O paseo por Antas de Ulla que se realizou este sábado, 14 de outubro, no marco do programa Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa, contou con máis de 70 persoas que percorreron a ruta de Antas de Ulla, visitando Pena de Chaos e a Torre de San Estevo do Castro de Amarante cunha duración de tres horas e logo da cal puideron desfrutar dunha degustación de produtos locais e dunha actuación de música tradicional dun grupo local.

O pasado sábado 29 de xullo comezaron estes paseos polas comarcas de Lugo e Terras da Ulloa, un ambicioso proxecto de colaboración entre o GDR-4, Guido Guía e 10 concellos das comarcas de Lugo e A Ulloa: Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade

Este ciclo de actividades lúdicas e culturais pretende promover o descubrimento da historia, da natureza e das riquezas de todos os concellos, así como promover e promocionar os valores gastronómicos, sociais e de todo tipo.

A seguinte será o 2 de decembro en Castroverde, aínda que se irán anunciando máis datas nos distintos municipios. As inscricións son gratuítas e pódense facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal ou do teléfono 982 238 000.

0.16311502456665