Antas de Ulla quenta motores para acoller o 2º Slalom Centro Xeográfico de Galicia

LugoXa
O evento celebrarase o 5 de xullo e consolidará o concello como referencia do automobilismo galego
II-Slalom-Concello-Antas-de-Ulla
27 Jun 2025

Antas de Ulla xa se prepara para acoller unha nova edición do Slalom Centro Xeográfico de Galicia, unha cita que regresa o vindeiro 5 de xullo tras o éxito acadado no seu debut o pasado ano.

O municipio converterase por un día no epicentro do motor galego, ofrecendo un espectáculo que fusiona velocidade, natureza e promoción territorial.

A proba está organizada pola Federación Galega de Automobilismo e conta coa colaboración do Concello de Antas de Ulla.

A alcaldesa e tamén deputada provincial de Promoción do Territorio, Pilar García Porto, participou na presentación do evento, onde subliñou a relevancia de seguir apostando por iniciativas que visibilizan o potencial turístico e deportivo da comarca. “Actividades coma esta axudan a situar Antas de Ulla no mapa do turismo deportivo galego e poñen en valor a nosa riqueza paisaxística”, destacou.

O Slalom Centro Xeográfico de Galicia non só reunirá a destacados pilotos da comunidade, senón que tamén ofrecerá aos asistentes unha xornada de emoción e deporte nun contorno privilexiado, convertido nun dos grandes pulmóns verdes da provincia de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.19737982749939