O delegado do Goberno destaca o seu compromiso cos pequenos concellos como o de Antas de Ulla

LugoXa
A Biblioteca de Antas de Ulla acolle este venres, ás 19.00 horas, un encontro coa escritora María Rosario Regueira Cereijo
visita delegado antas de ulla agosto 2023 1
24 Aug 2023

A alcaldesa lamenta “a neglixencia do anterior goberno local” á hora de tramitar e sacar adiante as subvencións concedidas para ambas actuacións.

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, desprazouse  ata o concello de Antas de Ulla para supervisar xunto á súa alcaldesa, Pilar García Porto, as actuacións que se están a financiar no municipio co apoio do Goberno, un apoio que se materializa nun investimento de 1,12 millóns de euros.

Após manter unha reunión no Concello na que Pedro Blanco lle trasladou o seu compromiso para facer destes proxectos unha realidade, o delegado do Goberno e a rexedora desprazáronse até a Casa da Cultura, que nos próximos meses vai ser obxecto de melloras que permitirán reordenar espazos para poder acoller unha oferta cultural máis atractiva.

Isto será posible grazas á achega de 816.885 euros do Goberno para unha actuación que ascende a 945.000 millóns de euros, que completará o Concello de Antas de Ulla, e que servirán tamén para arranxar a súa cuberta e a súa fachada e mellorar así a súa eficiencia enerxética.

Xunto a esta actuación, a alcaldesa e o delegado repasaron outros investimentos do Goberno na localidade, como os 241.412 euros en axudas para eficiencia enerxética, que posibilitaron a renovación da práctica totalidade dos puntos de luz do concello, ou o esforzo para levar internet de alta velocidade a preto de 400 fogares e negocios de Antas de Ulla que até o de agora non gozaban deste servizo co Programa UNICO do Ministerio de Asuntos Económicos.

Praza Nova

Á marxe destes investimentos, o Concello tamén está pendente da resolución dunha axuda de 400.000 euros do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo con cargo aos fondos do Plan de Recuperación do Goberno para acondicionar o espazo e humanizar a contorna da praza Nova.

“Estamos ante distintas mostras do compromiso do Goberno de España e do presidente, Pedro Sánchez, co municipalismo e coa mellora dos servizos públicos e de calidade de vida da poboación dos concellos con menos habitantes; actuacións que, por primeira vez, chegan a todos e cada un dos concellos de Galicia”, destacou Pedro Blanco.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1766140460968