Antón Baamonde presenta “Agora non é antes” no Salón de Actos da Deputación de Lugo

LugoXa
O acto, organizado polo Club Cultural Valle-Inclán no marco do seu 60 aniversario, contará coa participación de Manuel Gago e a presentación de Felipe Arias Vilas
60-anos-asociación-cultural-Valle-Inclán
16 Mar 2026

O luns 23 de marzo, ás 19:30 horas, terá lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo a presentación do libro “Agora non é antes”, de Antón Baamonde.

O evento, organizado polo Club Cultural Valle-Inclán no marco da celebración dos seus 60 anos, contará coa intervención de Manuel Gago, escritor, divulgador científico e profesor da USC, quen acompañará ao autor durante a presentación.

O acto será presentado por Felipe Arias Vilas, vicepresidente do Club Valle-Inclán, ofrecendo aos asistentes unha oportunidade de coñecer de primeira man a obra e compartir unha conversa con ambos os escritores.

0.11963415145874