Antón Bao, novo responsable local do BNG en Lugo
Antón Bao, exconcelleiro do BNG e mestre xubilado, foi elixido como novo responsable local do BNG en Lugo, culminando o proceso de renovación dos órganos da formación tras a última Asemblea Nacional do BNG.
Bao lidera a única candidatura presentada, que inclúe o voceiro do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto a outros concelleiros e militantes vencellados a diversos sectores.
"Comezamos esta nova etapa con ilusión e enerxía para fortalecer e expandir o proxecto do BNG en Lugo", declarou Antón Bao, quen subliñou o papel central da militancia na toma de decisións dentro da organización. "Somos as e os militantes quen decidimos a liña política e as decisións clave no BNG", engadiu.
O consello local estará integrado por un total de 15 persoas, ás que se sumará unha persoa designada pola organización xuvenil do BNG, Galiza Nova. Ademais, Antón Bao pasará a formar parte do Consello Comarcal do BNG.